Buscan un novo fogar para Chuli, a cadeliña orfa do falecido párroco de Raxó
A Canceira de Poio advertiu que o animal, que conviviu os seus oito anos de vida con don Antonio, non se está a adaptar á vida no recinto.
Cando en 2012 unha cadela vagabunda entrou na finca do recentemente falecido párroco de Raxó, don Antonio Fernández Rodríguez, e deu a luz alí a varios cachorros, o párroco non dubidou en adoptar, dentro das súas posibilidades, a un deles. Así foi como comezou a súa historia con Chuli, a súa inseparable cadeliña que, dende había oito anos, acompañábao a todas partes, e coa que conviviu ata o seu falecemento, o pasado fin de ano. A partir dese momento, o Concello de Poio entregou a custodia de Chuli á Canceira municipal, na que a cadela permanece ata o momento, se ben as voluntarias que se encargan do refuxio advertiron nas últimas horas que o animal «non se está a adaptar» ás condicións de vida do recinto, polo que demandan con urxencia un fogar para que Chuli poida ter unha nova vida cunha familia.
Neste sentido, explicou a tesoureira e voluntaria do refuxio, Elisa López Puello, a cadela, nacida a finais de 2012 e que conta con microchip, “está desubicada y asustada. Cuando la sacamos llora y no deja de buscar a su dueño, una cara conocida. Con las personas se lleva bien, porque es muy mansa, pero no se adapta a estar rodeada de tantos animales”.
Na actualidade, coma todos os cans que entran na Canceira, Chuli xa pasou uns días en illamento á súa chegada, e agora atópase no patio das instalacións do refuxio con outros cans, pero prefire manterse á marxe. “Se nota que es una perrita que había convivido con su dueño y que no había socializado demasiado con más animales”, sinala López Puello, que tamén insiste na urxencia en mellorar as condicións de vida de Chuli. “Ella lo que necesita son personas, una familia para poder empezar de cero. Echa de menos a su dueño y le busca por todas partes”, lamenta. O refuxio facilita o teléfono 620 146 033 para aqueles interesados en ofrecerlle un fogar a Chuli.
FUENTE: Diario de Pontevedra